¿Qué hacer en Vigo?

5ª festa “África Viva”

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Actualizado (12/06) Cancelado ante la previsión de mal tiempo!

A rede territorial de REDES en Vigo invítalles a participar na 5ª festa “África Viva”, encadrada dentro da campaña “África, cuestión de vida, cuestión debida”, que comezou hai seis anos. Esta é unha campaña de sensibilización para dar a coñecer en positivo a riqueza cultural, social e vital de África, así como as dificultades do acceso aos servizos sociais básicos, como auga, sanidade, educación, etc.

Este acceso aos recursos básicos é imposible sen xustiza, paz e a sostenibilidade dos seus recursos naturais. Por iso, a campaña “África, cuestión de vida, cuestión debida” decidiu adicar estes seguintes anos a accións de sensibilización e de incidencia política sobre o expolio de recursos naturais en África.

A rede territorial de REDES en Vigo invítalles a participar na 5ª festa “África Viva”.
Nesta festa poderemos disfrutar de distintos obradoiros:
-trenzado de pelo
-henna corporal
-té e buñuelos
-presentación de roupa africana, etc.

Tamén haberá unha entrega de premios do concurso de collages e todo isto estará acompañado por a actuación musical dos grupos DEGO, Sanrockers e Panghea.

Animádevos a participar!!!!

redosoo

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.