¿Qué hacer en Vigo?

5 mulleres que comen tortilla | Sala Ártika

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Teatro na sala Ártika ca obra 5 mulleres que comen tortilla. Pódelo ver o venres 26 e sábado 27 ás 21:30 e o domingo 28 ás 20 horas.

CINCO MULLERES QUE COMEN TORTILLA – SEÑORA SUPINA na Sala Ártika en Vigo.

Ano 1956, América.

A Sociedade de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional Concurso Anual de Tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.

5 mulleres que comen tortilla | Sala Ártika

Datas: Venres 26, Sábado 27 e Domingo 28 de Outubro de 2018

Horas:
Venres, 26 de Outubro ás 21:30h
Sábado 27 de Outubro ás 21:30h
Domingo 28 de Outubro ás 20:00h

Prezo:
Entrada Xeral: 10€ + gastos de xestión
Anticipada: 8€ + gastos de xestión. (dispoñible ata 24 h antes do evento)
Idades recomendada: + 13 anos
Duración: aproximadamente 70 minutos

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.