Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Chega a gran Presentación Oficial de “A viaxe de Yoyo”
Logo dun ano xirando co seu novo disco “A viaxe de Yoyo” en formato dúo, DOUS chega á Sala Ártika Cultura E Arte para facer a presentación do disco en formato cuarteto xunto aos dous músicos que levan colaborando asidúamente nas súas gravacións: Pablo Pérez Sanmamed e Marcos Vázquez.
E para facilitar que ninguén perda a oportunidade de escoitalos van a ofrecer 3 días de actuación. Venres 5 e Sábado 6 ás 21:00 h e o Domingo 7 ás 12:00 h do mediodía nun concerto pensado para aqueles que queiran acudir en familia con descontos especiais para eles.
Podedes ter máis información contactando coa propia sala:
http://www.artikavigo.com
Tlf. 667 808 674