A Universidade de Vigo prepara unha carreira popular de 10 Km, coñecida como carreira da felicidade, haberá actividades e sorpresas e un euro da cota de inscrición serán para UNICEF co obxetivo de levar auga a Níger. Ademáis da carreira teñen preparada unha andaina.
Que é?
A carreira e andaina 10 KM CIDADE UNIVERSITARIA 2014 é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran UNICEF, a Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo e o Círculo Mercantil de Vigo.
Esta proba formará parte do Circuíto de Carreiras Populares de Vigo polo que as persoas participantes na carreira 10 Km Cidade Universitaria 2014 quedarán inscritas automaticamente neste circuíto.
Información xeral
A VIII edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 27 de abril no Campus Lagoas – Marcosende e nela agárdase superar ás 1000 persoas participantes. Este ano o circuito da carreira mantense sen cambios respecto das últimas dúas edicións e consistirá en dúas voltas de 5 quilómetros.
Tamén nesta edición, e por terceira vez dende que se realiza o evento, organizarase de xeito paralelo unha andaina de 10 km de lonxitude que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario. Tralo éxito desta iniciativa nos dous anos anteriores, agardamos unha participación superior ás 200 persoas.
Inscricións e taxas:
Aberta ás persoas nadas no ano 1996 ou anteriores (no caso da carreira) ou no ano 2001 ou anteriores (no caso da andaina). O prazo estará aberto dende o 10 de marzo ata as 23:59 h do dia 22 de abril. Para máis información sobre o procedemento de inscrición segue o seguinte enlace.
Taxas
* Carreira 10 km Cidade Universitaria:
– Comunidade universitaria Uvigo: 4 € (3 € de inscrición + 1 € solidario con UNICEF).
– Outras persoas participantes: 6 € (5 € de inscrición + 1 solidario con UNICEF)
* Andaina 10 km Cidade Universitaria:
– Persoas en xeral: 4 € (3 € de inscrición + 1 € solidario con UNICEF).
Circuítos:
Consulta os circuítos e os perfís da carreira e da andaina no seguinte enlace.
Horarios:
– Punto de encontro para a andaina: entre 09.00 h e 09.30 h na Praza Miralles.
– Saída da andaina: ás 09:30 h dende a Praza Miralles.
– Acreditación e recollida de dorsais para a carreira: entre as 9.00 h e as 10.30 h na Área Comercial do campus
– Saída da carreira: ás 11:00 h dende a Piscina Universitaria (CDU AQUA – Vigo).
– Entrega de premios e agasallos: ás 12:30 h no Teatro Vidal Bolaño.
Premios e trofeos:
Outorgaranse premios soamente ás tres primeiras persoas clasificadas nas categorías xerais tanto masculina como feminina e sortearanse agasallos entre todas as persoas participantes.
Prepara os 10 KM con nós:
Tes dúbidas sobre como preparar os teus adestramentos para unha carreira de 10 Km? Non sabes cómo afrontar o reto? O Servizo de Deportes ofréceche unha solución!
Consulta no seguinte enlace RETO 10 K toda a información sobre cómo podemos axudarche a preparar a proba e contar con axuda técnica cualificada que necesitas.
Información importante para o dia da carreira:
Non esquezas consultar toda a información sobre os accesos ao campus, aparcadoiros, cortes de tráfico, agasallos, servizos de cafetería, comedor, ludoteca ou análise da pegada plantar no seguinte enlace
Evento Verde
O Servizo de Deportes presta un especial coidado en tentar minimizar o impacto ambiental das actividades deportivas que organiza. No caso dos 10 Km Cidade Universitaria estanse a ter en conta determinados aspectos concretos para reducir, na medida do posible, os efectos deste evento no medio ambiente. Consulta os detalles sobre o Evento Verde – 10 km Carreira+Andaina 10 km Cidade Universitaria.
Clasificacións e resultados
Poderanse consultar nesta web unha vez rematada a proba.
Tes toda a información na páxina adicada os deportes da Universidade de Vigo.