Un ano máis, o Grupo Etnográfico A Buxaina, pertencente ó Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo, organiza a Homenaxe ao Gaiteiro.
Este acto, que celebra a súa vixésimo sexta  edición este ano, pretende dar a coñecer a tod@s aquel@s que fixeron posible que a nosa música tradicional perdurase ata hoxe, porque se preocuparon de mantela viva tocando e transmitíndolla ós máis novos.

Nestes 26 anos, a Homenaxe converteuse nun acto de case obrigada asistencia para tod@s aquel@s ós que lles gusta o folclore, xa que ademais da propia homenaxe que se brinda, hai un espectáculo ó redor, que fai que por dúas horas o público se entregue por completo ó son das gaitas, a percusión, as voces e o baile.

Teñen pasado polo escenario do Teatro García Barbón, grupos de sobra consolidados e outros que empezan a sonar e grupos de baile de renome. E non só da provincia de Pontevedra, senón de tódolos recunchos da nosa xeografía.
Na pasada edición por exemplo, participaron o Grupo de Pandeireteiras Tanxedoras e o Grupo Zurrumalla. A presentación do acto correu a cargo do Grupo Ce Orquestra Pantasma.

Nesta ocasión será o Grupo Abóbriga de Baiona, quen poña a música, e os anfitrións (A Buxaina), quen poñan os pasos de baile.

No referente ós homenaxeados, nesta edición contaremos con:
–       D. Germán Vázquez Soneira (Concello de Ames)
–       D. Santiago Caneiro Aneiros (Concello de Narón)
–       D. Florentino Ruibal Rivas. (Concello de Ordes)

A cita será o vindeiro sábado 30 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo e a entrada e por medio de invitación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 29/11/2013

quehacerenvigo.es

Destacado