Últimamente a Parroquia de Valladares está que non para, ista é a última info que nos envían:

Monte dos Pozos. Valladares-VIGO
Domingo, 12 de agosto de 2102

Ímoslle ofrecer a todas aquelas persoas afeccionadas á fotografía a posibilidade de que -ademais de poder gozar de pura diversión, deliciosa gastronomía e, sen dúbida, dun excelente entorno- poidan practicar a súa afección.

Cámara tradicional:

Recollerán un carrete pola mañá e deben entregalo, completamente rematado, pola noitiña, no stand de Información. Esta festa vaise celebrar no Monte dos Pozos e poden participar todas aquelas persoas que o desexen.

A todos/as os/as participantes entregaránselle, posteriormente, as correspondentes fotos reveladas. Se a calidade dos traballos realizados o permite, haberá tres premios para os/as mellores, consistentes en ampliacións dunha das fotografías realizadas polo/a participante (a que elixa), ou calquera outra.

Cámara dixital:

En caso de querer utilizar cámara dixital, haberá que entregar un CD (ou calquera outro arquivo dixital) coas fotos realizadas, antes das 13:00 h. do día 13 de agosto, luns, na Secretaría do C.V.C. de Valladares.
Para levar un control estricto, hai que anotarse, igualmente, no stand de Información, no propio día da Festa.

Máis info:

Facebook dos eventos que organiza a parroquia de Valladares.

Nota: XVII Maratón Fotográfico

Iste finde (11 y 12) tamén é o XVII Maratón Fotográfico que patrocina o Concello de Vigo.  Pasoúseme publicalo. Tes máis info na páxina da agrupación fotográfica galega.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 11/08/2012

quehacerenvigo.es

Destacado