A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello vén de poñer en marcha unha campaña dirixida ao Comercio de Barrio . Falamos dos locais asociados do Casco Vello.

A finalidade da campaña é incentivar o consumo, aumentar as ventas, fidelizar e captar novos clientes de todos os comercios participantes, así como sensibilizar ó consumidor da importancia de manter o comercio na cidade e que as zonas comerciales e os barrios son un excelente lugar para pasear, desfrutar e mercar. Con esta campaña pretendemos unir a oferta comercial e hosteleira e continuar coa promoción do barrio como referente de ocio na cidade de Vigo.

Mercar terá premio:

Con cada compra nos comercios asociados e, cubrindo unha sinxela papeleta, entrarase no sorteo de distintas consumicións en distintos locais hosteleiros do Casco Vello; dende ceas para duas persoas ata almorzos e copas donadas polos propios hosteleiros.

Cantas máis compras se fagan, máis oportunidades terán de ser os afortunados.

O periodo de participación comprende entre os días 12 de novembro e 1 de decembro.
O sorteo terá lugar o Martes 4 de decembro no Centro Cívico Casco Vello na Rúa Oliva ás 12.30h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 15/11/2012

quehacerenvigo.es

Destacado