Volven os Coidadores de Barrio

Volven os Coidadores de Barrio

O servizo de Coidadores/as de Barrio, prestado a través da Fundación Érguete-Integración, fai a vida máis sinxela a centos de vigueses/as.

Este servizo posibilita a centos de vigueses e viguesas saír das súas casas e levar a cabo quefaceres cotiás.

A partir do luns 5 de marzo o servizo de Coidadores/as de Barrio volve a poñerse en marcha. Este servizo GRATUITO, do Concello de Vigo e que se presta a través da Fundación Érguete-Integración, serve para axudar a todas as persoas que precisen apoio nas tarefas cotiás, ben por cuestións de idade ou por motivos de dependencia.

Esta labor desenrólase en seis áreas da cidade: Casco Vello, Teis, Bouzas, Coia, Travesas e O Calvario, mellorando así a promoción interna e externa dos barrios de Vigo.

O programa ten unha dobre finalidade: Por unha banda prestar un servizo á cidadanía máis vulnerable. Por outro lado, é unha oportunidade para incorporar ó mercado laboral a persoas en situación de risco de exclusión social converténdoos en axentes activos e útiles.

O día a día do persoal laboral deste programa é o de facerlle a vida máis sinxela ás persoas usuarias do servizo, acompañándoas a facer a compra ou ás citas médicas. En definitiva, a compaña da que moita xente precisa pero da que non todo o mundo dispón.

Durante esta primeira semana, as persoas usuarias recibirán formación básica nas que se integran os seguintes módulos: A movilización básica de persoas, A atención eficaz no trato segundo estrato de idade do cidadán, Sensibilización para a Igualdade, Habilidades Sociais, Formación específica do posto de coidador/a.

O ano pasado fixéronse máis de 2.000 recados. A maioría deles destinados a acompañamentos relacionados con visitas médicas ou con trámites administrativos. Pero tamén se reclama a axuda coas bolsas das compras ou para baixar o lixo. Os perfís das persoas que se benefician do servizo, son principalmente os de xente que vive soa ou que ten mobilidade reducida, aínda que tamén a hai de mediana idade con problemas de adiccións ou con dificultades
económicas.

Unha obra social, que axuda ás dúas partes, e que intenta, na medida do posible, combater a soidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.