VISITA GUIADA PORTO DE VIGO + BUQUE DE PESCA CONXELADOR

VISITA GUIADA PORTO DE VIGO + BUQUE DE PESCA CONXELADOR

colaborador
11/12/2017

O vindeiro sábado 16 de decembro, percorreremos o Porto de Vigo e visitaremos un buque de pesca conxelador.

A través desta ruta introduciremos aos participantes na historia de Vigo e a súa vinculación co mundo da pesca. Entraremos nas instalacións do Porto Pesqueiro de Vigo e faremos un percorrido no que identificaremos á maioría dos actores que, de xeito directo ou indirecto, están relacionados co sector pesqueiro: armadores, comercializadores, distribuidores, frigoríficos, estaleiros, empresas auxiliares, etc.

Ademais, realizarase un percorrido pola parte superior da Lonxa de baixura e grandes peixes, coñecendo como funciona a poxa e as diferentes artes de pesca da frota do noso Porto e, para rematar, visitarase un buque de pesca conxelador.

Precio por persoa: 8,00€

Máis información e inscripcións: info@vigopesqueiro.com

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.