Do 18 o 20 de Xullo teremos un Encontro Internacional de Danza Urbana. Impartiranse masterclass no Vermum e o público en xeral disfrutaremos de actuación na rúa con flashmob final.

O prato forte do encontro internacional serán as masterclasses impartidas por sete figuras de ámbito nacional e internacional, como Anthony Thomas (Los Ángeles), coreógrafo de Janet Jackson; Omar Fernández (Valencia), membro de The Richboyz Project; Karon Lynn (New York – Los Ángeles), bailarín de Pharrell Willians, Rihanna, No Doubt, Nelly Furtado…; Laure Courtellemont (Francia – New York), creadora do Ragga Jam; Viet Dang (Los Ángeles), bailarín de Beyonce, Rihanna, KE$HA e Mika; Viki ĈerĈek (Londres), 4 veces campiona internacional en IDO WORLD CHAMPIONSHIP; Ellen Kim (San Francisco – Los Ángeles), bailarina de Beyoncé, Amerie, LL Cool J, Snoop Dog e STOMP, Pharrell Williams, Usher, Jason Derulo.

Para os máis pequenos a organización preparou obradoiros de danza e graffiti, con dúas modalidades. KIDS-PRO oferta masterclasses a cargo de Irene Pallarés (Profesora de Operación Triunfo -tres primeiras edicións en TVE1-, coreógrafa de Natalia, Tony Santos, Rusia, Pearcing, Estopa, SPS), artista nacional de recoñecida traxectoria para aqueles mozos de entre 7 e 14 anos que xa están iniciados na danza. KIDS-PLAY, pola súa banda, son clases de iniciación á danza para todo aquel que queira apuntarse in situ co obxectivo de inculcar o amor polo baile nos máis pequenos e de difundir esta disciplina entre pais e nenos da cidade. Ao finalizar cada unha das clases, tanto de KIDS-PRO como KIDS-PLAY, os pequenos poderán gozar do taller de pintura e graffiti.

A maior demanda por parte do público en xeral durante a primeira edición, en decembro de 2013, centrouse en peticións de actuacións na rúa. Por iso, a organización propuxo a participación en espectáculos, tanto no propio ámbito da Praia de Samil como no centro urbano de Vigo, a compañías de danza afeccionados, co obxectivo de lograr unhas 50 actuacións públicas e gratuítas ao longo dos tres días de evento, en sesións de mañá e tarde.

A programación pecharase cun gran flasmob no que participen tanto os asistentes a calqueira das actividades de VIKUL como aqueles que queiran apuntarse. A coreografía -con Viet Dang como mestre de ceremonias- será publicada en redes sociais para que os que desexen aprendela poidan sumarse á clausura do Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo.

Fonte da información: xornal vigo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 17/07/2014

quehacerenvigo.es

Destacado