VigoEmprende, fomento e apoio do emprendemento

VigoEmprende, fomento e apoio do emprendemento

O Concello de Vigo lanzou o programa VigoEmprende, dedicado a prestar información, asesoramento, formación e apoio aos/ás emprendedores/as e pequenas e medianas empresas da nosa cidade.

VigoEmprende se pon en marcha para fomentar e apoiar o emprendemento e promover a creación de novos postos de traballo na cidade, en liña coas metas de promoción do emprego formuladas na estratexia DUSI Vigo Vertical, VigoEmprende consiste nun servizo aberto e gratuíto de información, asesoramento, formación e apoio para todas aquelas persoas, empresas e organizacións que desexen acelerar e consolidar proxectos de emprendemento.

O servizo axustarase ás diferentes necesidades que os emprendedores e empresarios precisen, independentemente do estado de desenvolvemento da idea ou do proxecto e do sector de actividade.

Un equipo formado por persoal especializado leva a cabo unha labor de acompañamento e titorización dos diferentes proxectos a través de sesións individualizadas. Ademais, o servizo reforzarase coa organización de talleres dinámicos de formación que se celebrarán ao longo do período activo do servizo (de xullo de 2018 a decembro de 2019).

Este servizo está dispoñible en dúas localizacións dentro da cidade: o Centro Municipal de Emprego situado nas instalacións do Concello na rúa Oporto número 1, e o Centro de Iniciativas de Emprego, na rúa Arq. Pérez Bellas,9 – Soto.

Horarios:

Centro Municipal de Emprego
Lunes a Xoves
9:30 – 14:00 e 16:00 – 20:00
Venres 9:30 – 15:00

Centro de Iniciativas de Emprego
Lunes a Xoves
9:00 – 14:30 e 15:00 – 18:00
Venres 9:00 – 14:30

Máis info en VigoEmprende.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.