Desvelouse por completo o programa do entroido de Vigo 2016. Presentouno ista mañá Abel Caballero e a edil de festas Laura Iglesias.

Según lemos nalgúns medios dinoseto terá traxe: parche no ollo e pata de pau ; o seu carón ficará o meco.

Vigo Entroido 2016

Venres 5 de febreiro

Este venres, 5 de febreiro, terá lugar animacións de rúa en Príncipe e Porta do Sol, de 18 a 20 horas, cando dará comezo a entronización do Meco, o pregón e o concerto, todo na Porta do Sol.

A partires das 20:15 pregón e concerto dos Mojinos Escozíos.

Entroido Vigo 2016 – Mojinos Escozíos: Pregón y Concierto

Sábado 6 de Febreiro

Animacións de rúa de 17 a 18 horas, momento no que comezará, se o tempo é favorable, o desfile-concurso de comparsas e carrozas, que fará o percorrido habitual, desde a rotonda de Isaac Peral en García Barbón, Policarpo Sanz e final na Porta do Sol.

A Orquestra Miramar pechará a noite do Sábado coa súa actuación, ás doce horas, no escenario de Porta do Sol.

Nota importante: Ollo co tempo, pode que teña que suspenderse!

Entroido Vigo 2016: Concurso de Comparsas, carrozas e disfraces

Domingo 7 de Febreiro

Os merdeiros rondarán o centro histórico da cidade pola mañá e pola tarde do domingo, día no que se disputará unha carreira popular pola cidade (desde as 11 horas para adultos e veteranos, con saída e chegada na Porta do Sol) e unha proba infantil pola rúa do Príncipe (desde as 11:15h). Pola tarde, animacións de rúa en Príncipe, Porta do Sol e na Praza da Princesa e, para os máis pequenos, actuación de A Gran Barafunda ás 17 horas na Porta do Sol e chocolotada infantil desde as seis da tarde.

Carreira de Entroido de Vigo 2016

Luns 8 de Febreiro

O luns, as animacións de rúa de 17 a 18 horas en Príncipe e na Porta do Sol darán á primeira xornada do entroido infantil nas dependencias do Concello. De 17 a 20 horas no vestíbulo do Auditorio Municipal, obradoiros infantís (O Gorro Louco, Anteface Comestible e Globoflexia); ás 17 horas a actuación “Preséntame un Pallaso” na lonxa do Concello e, desde as 18 horas, concurso de disfraces categorías infantil individual e grupo infantil conxuntado (ata 13 anos), con inscrición na mesma lonxa do Concello de cinco a seis da tarde.

Martes 9 de Febreiro

O martes comeza cos merdeiros no centro histórico pola mañá e pola tarde, animacións de rúa desde as 17 horas en Príncipe e Porta do Sol e a segunda xornada do entroido infantil no Concello. Nas dependencias municipais continuarán os obradoiros infantís (maquillaxe, manualidades e Buscando a Wally) no vestíbulo do Auditorio Municipal, de 17 a 20 horas, a actuación de “A Maxia de Xabi” desde as 17:30 horas na lonxa do Concello e o concurso de disfraces, individual e grupo conxuntado, para maiores de 14 anos desde as 18:30 horas, coa inscrición desde unha hora antes.

A noite do martes sumará animación de rúa, desde as 22:30 horas, da Praza da Constitución á Porta do Sol, como acompañamento da queima do Meco, que sera ás once da noite. A orquestra París de Noia pechará o día con dous pases, un de 22 a 22:30 horas e un segundo desde as doce á unha da madrugada.

Mércores 10 de Febreiro

O mércores conclúe o entroido vigués coas exequias funerarias solemnes das comparsas, na Porta do Sol ás 18 horas, co acompañamento e dó da comitiva ás 18:30 horas (con percorrido desde Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e final na Porta do Sol), e o sepelio do Meco, tamén na Porta do Sol ás 19:30 horas. Péchase a xornada cos oficios laicos, responsos e sermóns, e coa lectura da acta do xurado e entrega dos premios dos concursos de comparsas e carrozas.

Fonte da Nova: Xornal Vigo

Praza Porta do Sol, Vigo, España

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 02/02/2016

quehacerenvigo.es

Praza Porta do Sol, Vigo, España

Destacado