Vida saludable: Andaina polos montes de Vigo

Vida saludable: Andaina polos montes de Vigo

O Concello de Vigo impulsa a II Andaina polos montes de Vigo dentro do programa “Camiño a camiño”. Espérase xuntar a unhas 1500 persoas para facer un dos tres percorridos o Domingo 17 de Maio.

A andaina toma como referencia a Senda panorámica de Vigo (GR-53), realízase integramente polo termo municipal e atravesa seis das 13 comunidades de montes existentes (Candeán, Cabral, Bembrive, Beade, Zamáns e Valladares).

Polo tanto, preparádevos para unha xornada de senderismo, istas son as andainas que podedes elexir:

  1. Andaina longa (34 km): PF Vixiador – PF Monte dos Pozos. Dificultade alta
  2. Andaina media (21 km): PF do Pouso (Bembrive) – PF Monte dos Pozos. Dificultade media
  3. Andaina curta (12 km): PF Zamáns – PF Monte dos Pozos. Dificultade baixa

Saída dende a Praza do Rei

A saída cara o monte terá lugar dende a praza do Rei nun horario que depende do percorrido elexido (dos tres anteriores).

Desde Praza do Rei se levará e traerá en autobús aos participantes aos distintos puntos de saída e chegada:

Andaina Longa ás 08:30h.

Andaina Media ás 10:30h.

Andaina Curta as 12h.

A medida que os participantes da andaina longa superan o punto de inicio da media, se incorporarán os participantes desta e igualmente na andaina curta.

Chegada o Monte dos Pozos

A chegada ao Parque Forestal do Monte dos Pozos está prevista ás 16:30h, momento no que estará disponibles as lanzadeiras para volver á Praza do Rei.

Para participar na andaina polos monte de Vigo

Aqueles/as interesados en participar na IIª andaina polos montes de Vigo pódense inscribir entre o 6 e 14 de maio tanto na Casa da Xuventude (López Mora 31) como en El Corte Inglés, sección de deportes (6º andar), en horario de mañá e tarde.

Concurso de Fotografía
Coa tarxeta de chegada poderanse presentar entre os días 18 e 21 os participantes no concurso de fotografía “Descobre Vigo dende os seus montes” promovido por El Corte Inglés, no que se establecen tres premios para as categorías de “Paisaxes da andaina”, “Momentos da andaina” e “Selfies”.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.