VI Andaina polos montes de Vigo

VI Andaina polos montes de Vigo

colaborador
06/05/2019

A VI Andaina polos montes de Vigo terá lugar o 12 de maio.

Aqueles/as interesados/as en participar na VIª andaina polos montes de Vigo organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración con Montes de Vigo, pódense inscribir ata o 10 de maio ao mediodía en:
– 010 (986 81 02 60 dende móbil)
– caminoacaminovigo.blogspot.com

Os percorridos previstos están pensados para que calquera participante poida gozar dun día nos montes de Vigo, realizando aquel trazado que mellor se acomode as súas condicións e circunstancias.

Para aquelas persoas habituadas a camiñar, poden realizar o Percorrido Medio 2 (20,8km) ou o Percorrido Medio 1 (32,1km). Quen estea en condicións e se queira marcar un reto, é posible despois de xantar engadirlle a ruta curta ao percorrido Medio 1, realizando o Percorrido Completo (39,3km).

O Percorrido curto é para quenes queira realizar un trazado sinxelo (7,2km) e vistoso, pasando a carón das riquezas arqueolóxicas e naturais existentes no Parque Forestal do Vixiador.

A Pequerruta e a ruta adapatada están previstas realizarse polo entorno do Parque Forestal do Vixiador , tendo unha lonxitude de 2,5km. Moi axeitado para familias con rapaces pequenos ou persoas con mobilidade reducida que queiran gozar dunha vista panorámica de Vigo singular

Te puede interesar:

Stomp & Holler se celebra del 31 al 2 de mayo en diferentes locales de Vigo
Carlos Tomico llega a Churrasqueria A Nosa Rúa de Beade con su show de magia este 25 de mayo a las 21:30
Ayuda a padres y profesionales sanitarios a combatir los bulos de salud en internet este 25 de mayo a las 9:30 en el Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.