Este domingo, 1 de xuño, a zona verde do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares (PTL), acollerá a II Romería dos Muíños de Loncras e do Redondo.

A partires das 11.00 horas e ao longo de todo o día organizaranse concertos de música folk, unha concentración de vehículos clásicos, xogos populares, unha andaina pola parroquia, postos de gastronomía e pulpeiro. A romería procura por en valor os muíños de Loncras e do Redondo, situados a carón do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares (PTAL), como mostras do patrimonio etnográfico da parroquia.

Os concertos de música folk comezarán ás 12.00 horas coa actuación das Cantareiras do Sobreiro, de Gondomar, e continuarán ás 16.00 horas coas Cantareiras de Valladares e o Grupo de Gaitas de Valladares. O programa tamén comprende a celebración dunha concentración de vehículos clásicos con entrega de premios á mellor conservación e orixinalidade.

O público de todas as idades poderá gozar dos postos de cestería, olaría, bixutería, doces artesáns e roupa de segunda man. Tamén se organizarán xogos populares entre os asistentes, como unha regata de barquiños de papel, buxainas e bólas, carreiras de sacos e xogos de corda.

O Centro Veciñal e Cultural de Valladares organiza unha andaina pola parroquia con saída ás 10.30 horas do CVC na súa sede do Pedregal. Ao longo de dúas horas e media, o historiador Diego Monroy explicará os principais acontecementos da vida da parroquia mentres guía aos participantes polo castro das Barrocas, a Reitoral, a Igrexa, a Irmandade de Labradores e rematará nos muíños de Loncras e do Redondo a tempo para participar nas actividades da romería. O propio Centro Veciñal e Cultural de Valladares (CVC) e o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares (PTL) colaboran activamente na organización da romería.

A primeira edición tivo lugar no ano 2011 e congregou a más de 150 persoas.

cartel_peq_romeria

Fotografías: Alberto Costas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 31/05/2014

quehacerenvigo.es

Destacado