A artista alemá actúa no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia o vindeiro 15 de Febreiro.

Xa están dispoñibles as entradas para a actuación que a recoñecida artista Ute Lemper dará en Vigo o sábado 15 de febreiro de 2014, 24€.

Trátase dun directo de nivel recoñecido, no que a cantante presentará o seu último disco “Forever: the love poems of Pablo Neruda”. Neste traballo, a solista alemá rende homenaxe á obra que o poeta chileno Pablo Neruda escribiu durante o seu exilio.

Ute Lemper

Vanguardista e ecléctica, Ute Lemper naceu en Münster en 1963. Estudou piano, canto e ballet na Academia de Danza de Colonia e teatro clásico no prestixioso Seminario Max Reinhardt de Viena.

Comezou a cantar moi nova en bares de jazz e como integrante do grupo punk The Panama Drive Band. En 1983 participou na producción vienesa do afamado musical Cats e dous anos despois protagonizou a comedia musical Peter Pan, en Berlín. Foi o papel de Sally Bowles na producción francesa de Cabaret a que lle valeu o premio Molière á mellor actriz.

O éxito chegou acompañado tamén de críticas no seu país natal pola súa interpretación na obra O Anxo Azul. Foi entón cando Ute Lemper se traslada a vivir a Nova York e protagoniza varias composicións de ballet orixinais. En 1990, trala caída do Muro, participa con Roger Waters en The Wall Live in Berlin. A artista fixo a partir dese tempo diversas aparicións en películas, en papeis máis ou menos relevantes.

Malia extensa traxectoria como bailarina e actriz, a faceta que lle outorga un maior recoñecemento é a de cantante. Famosa polas súas interpretacións de composicións de Kurt Weill e de grandes nomes como Marlene Dietrich, Édith Piaf e Lotte Lenya.Lemper tamén colaborou con numerosos cantantes e compositores estadounidenses e europeos, entre os que destacan Michael Nyman, Tom Waits, Scott Walker, Elvis
Costello, Philip Glass o Nick Cave. O seu eclecticismo fai que ademais de danza, teatro e música, Ute Lemper teña realizado varias exposicións de pintura.

DATA E HORA: 15/02/2014, 21:00h
LUGAR:Centro Cultural Novacaixagalicia, Vigo
ENTRADAS: servinova.com, central de espectadores e tlf 902 504 500
PREZO: 24 euros

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 04/02/2014

quehacerenvigo.es

Destacado