Juan Carlos Nesta
10/02/2017

Triatreros Teatro volve co seu especial “San Valentin era un cachondo” do show de improvisación “Impronews” este sábado 11 de febreiro as 23:30 na Sala Ártika en Vigo.

Ficha del evento:
  • 11/02/2017
    Fecha de inicio
  • 23:30
    Hora de inicio
  • Ártika Cultura E Arte
    Lugar del evento

San Valentín era un Cachondo

En San Valentín era un Cachondo, a segunda xornada de ImproNews deste 2017, os Triatreros propoñerán aos espectadores un espectáculo no que o amor físico e espiritual estará presente. Un amor que agardamos sexa recíproco cos nosos espectadores.

Se non tes plan, para este Sábado 11 de Febreiro, non o dubides, na Sala Ártika o amor estará presente.

“Triatreros Teatro” volve como cada mes coa terceira e máis ambiciosa tempada de “ImproNews” este sábado 11 de febreiro as 23:30 na Sala Ártika, Vigo. Partindo de noticias escritas polo público antes de comezar o “show”, os espectadores presenciarán como estas se converten en realidade a través da improvisación teatral. Un espectáculo con formato de “Late Night” de hora e media de duración que combina música en directo, teatro e audiovisual no que a risa está garantida. “Triatreros Teatro” estará con este espectáculo un dia ao mes na Sala Ártika.

As entradas para a estrea están xa a venta na web www.ticketea.com a partir de 7€ ou o mesmo dia nas taquillas do teatro.

Triatreros Teatro” é unha compañía de teatro viguesa creada no ano 2011. Especializada en improvisación teatral, percorreron os mellores festivais de teatro profesionais de Galicia cos seus espectáculos de sala e de improvisación. Unha compañía que resiste nun tempo complicado para a cultura e que ten como premisa principal que os espectadores esquezan os seus problemas e pasen un anaco divertido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *