Triángulo de Amor Bizarro e Caxade no ciclo de música indie da Universidade de Vigo.

Triángulo de Amor Bizarro e Caxade compoñen o cartel do ciclo Sonora que organiza a Universidade de Vigo e que terá lugar mañá o 16 de abril no teatro Vidal Bolaño no Campus de Vigo a partir das 17.30 horas.

Caxade (17.30h.)

Esta banda galega indie folk cun arrecendo a música minimalista e sons bucólico-pastorís, está formada por Alonso Caxade (voz e acordeón), Manu Paino (trompeta e carrillón), Manu Espiño (bombardino) e Xosé Tunhas (baquetas).

A súa música modernista, modesta e sinxela, está chea de discurso reivindicativo e irónico. No 2013 sacaron ao mercado A Dança das Moscas (Discos da Máquina), traballo valorado moi positivamente por crítica e público. Finalista dos Premios Galegos da Música e os Premios da Música Independente, acadaron o Premio Opinión ao mellor artista 2013.

Triángulo de Amor Bizarro (18.30h.)

Grupo galego que grava o seu primeiro disco en 2007, Triángulo de Amor Bizarro (Mushroom Pillow, 2007), un traballo que convirte á banda en imprescindible. En poucos meses pasa do anonimato a estar presente en cada festival de España e Portugal e acadar os primeiros postos na prensa especializada pola orixinalidade da súa proposta, o seu son atronador e as frases impactantes dos seus temas. Este disco editouse tamén en México, acadando un gran éxito de prensa e público.

Tras a publicación do seu segundo disco Año Santo (Mushroom Pillow, 2010), catalogado no seu momento pola prensa como a súa mellor obra, editan varios singles dixitais que lle supoñen, entre outros recoñecementos, o da revista Rolling Stone que os inclúe entre os 10 grupos imprescindibles da escena rock española. Nos Premios da Música Independente de 2011 acadan nove nominacións, facéndose cos de mellor Artista Español, Álbum del Ano, Álbum de Rock e Directo.

Victoria mística (Mushroom Pillow, 2013) é o seu tercer disco de estudio, gravado en A Coruña por Roberto Mallo, con mesturas de Manny Nieto. É un álbum visceral, esixente e honesto. Con este disco, Triángulo de Amor Bizarro xira por España, Chile e México e acada o número 1 no reconto das listas do mellor álbum do ano en España publicado por Jitparade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 15/04/2015

quehacerenvigo.es

Destacado