Actualizado: Se suspende el concierto. Qué hacer en Vigo solo difunde los eventos, no tiene nada que ver con la organización ni cancelación de los mismos.

Actuación que terá lugar o Sábado 21 de Setembro en Vigo, na sala Ensanche (Rúa Santiago 1, Vigo).
The Lákazans actuarán en directo a partir das 23:00. Entrada: 5€

The Lákazans

Banda formada no trascurso do ano 2012. As súas influencias van dende o blues mais clásico de artistas como Howlin Wolf, Muddy waters, Hound Dog Taylor ata o soul de Aretha Franklin, Etta James ou Sam Cooke, pasando polo country de Johnny Cash.

Sen esquecer aos grandes clasicos do rock e o rock and roll como Elvis Presley, os Rolling Stones ou J.J Cale. Outras das súas máis importantes influencias son dous dos novos talentos do rockabilly e o rock & roll actual, considerados xa clásicos
modernos, Imelda May e os tres irmáns que forman Kitty, Daisy & Lewis.

Teñen unha formación un tanto peculiar con armónica, percusión que inclúe darbuka, culleres e washboard entres outros elementos ademais de batería, baixo, guitarra (acústica ou eléctrica) e dúas grandes voces femininas, Sabela e Almudena. Todo isto
xunto dálle á banda un carácter moi particular e pouco habitual neste lado do
continente.
Cabe dicir que pese ser unha banda principalmente de versións, conseguen levalas a un terreo moi persoal, en parte tamén por ter que adaptar temas a un repertorio case acústico e que evoca ás primeiras gravacións blues dos anos 30.

A banda son:
Fran Velo (Baixo)
Sir Richard Drummez “Lical” (Batería)
Fran “Trilli” (Percusión)
Benjamín Vázquez (Guitarras & Mandoline)
Ramón Figueira “Figui” (Armónica)
Almudena Gómez (Voz)
Sabela Rey (Voz)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 18/09/2013

quehacerenvigo.es

Destacado