Terra Cultural en MOS

Terra Cultural en MOS

Juan Carlos Nesta
29/11/2013

Evento organizado en MOS con moitas actividades variadas, hoxe comeza Terra Cultural. Do 29 de Novembro ó 21 de Decembro. Hoxe (29/11)  ás 20h. inauguración.

En Terra Cultural poderedes atopar un pouco para tódolos gustos, dende música tradicional ao teatro máis puro, pasando por monólogos retranqueiros ou mesmo disfrutar da natureza nun paseo matutino polo monte. E por suposto non esquecemos as nosas tradicións e teremos a ocasión de coñecer todos os toques de campás que sobretodo a xente nova descoñece. Tamén teñen cabida todo tipo de xogos, para os máis pequenos incluindo un obradoiro de papiroflexia e para os non tan pequenos cos tradicionais xogos da Chave e o Tute.

E como remate da programación, no día adicado aos nosos socios, amosaremos todo os que os nosos alumnos aprenderon nas distintas actividades que se realizaron durante todo o ano na Asociación.

Non vos perdades o programa completo no seu evento en facebook

terra

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.