A Fundación Novacaixagalicia achega ás cidades de Vigo e Pontevedra a comedia Nin para ti, nin para min, un texto de Juan Luis Iborra e Sonia Gómez interpretado por Miriam Díaz-Aroca e Belinda Washington.

20 de Setembro en Vigo.

A función chega o día 19 á cidade pontevedresa e ao día seguinte celebrarase en Vigo, ambas ás 20.30 horas. Na cidade do Lérez terá lugar no Centro Social da entidade e na urbe viguesa será o Centro Cultural da fundación o que acolla a obra. As entradas están á venda nas súas canles habituais de comercialización de espectáculos, a web de Servinova, www.servinova.es, e a billeteira telefónica 902 504 500. O espectáculo está incluído na tempada de abonos da fundación galega, os cales supoñen un aforro do 20% respecto das entradas soltas. Ademais a entidade ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para os desempregados, os xubilados e os novos que adquiran os abonos, que supón unha rebaixa adicional dun 10 % .

A obra

Nin para ti nin para min con texto de Juan Luis Iborra e Sonia Gómez e con Miriam Díaz-Aroca e Belinda Washington no elenco, conta, dende o punto de vista da comedia, unha historia de intrigas, traizóns e herdanzas que levará o público a escachar coa risa. Dúas mulleres acaban de sufrir unha perda irreparable. A dúas ficaron viúvas. No tanatorio, cando van recoller as cinsas, descobren que non só comparten a pena por ter perdido ao seu home, senón que ademais o defunto é o mesmo: estiveron casadas co mesmo home e só hai un quilo de cinsas a repartir entre as dúas. A pena inicial convértese en rabia e fracaso e mentres unha delas quere saber qué é o que ten a outra que ela non tivera, a segunda prefire esquecelo todo canto antes e pasar páxina. Pero isto no será doado: o defunto gárdalles unha nova sorpresa: se queren herdar algo del deberán convivir nun mesmo piso as dúas. Ambas son mulleres nunha idade difícil, séntense enganadas, traizoadas, e obrigadas a convivir cunha descoñecida, a cal, non esquezamos era a « outra ». Aos poucos confesan mutuamente as súas debilidades e deixan ao descuberto os seus medos, as súas frustracións, as súas inseguridades, e, sen decatarse, comezan a construír unha sólida amizade que as levará a confesar o seu secreto mellor gardado: ambas creen ter matado ao seu defunto marido. Ata niso se asemellan.

Pero a confesión, no canto de ser unha liberación, pasa a ser o maior problema da convivencia, porque xa ninguén se pode fiar de ninguén. Xa é demasiado tarde para fuxir, están condenadas a entenderse, a vivir xuntas unha vida nova … deseñada para elas polo propio defunto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 16/09/2013

quehacerenvigo.es

Destacado