Juan Carlos Nesta
31/05/2012

O xoves 9 de decembro de 2010 a partir das 17:30 levarase a cabo no Museo MARCO de Vigo o espectáculo “Tatatachán!”, un festival de maxia, títeres e humor por unha boa causa: axudar económicamente á Protectora de Animais O Jaticán.

Ficha del evento:
  • 23/11/2017
    Fecha de inicio

  • Hora de inicio

  • Lugar del evento

Trátase dun espectáculo para toda a familia no que colaboran desinteresadamente entre outros o contacontos Héctor Senra, o mago ilusionista Eloy Toucedo, a titiriteira Lucía Blanco e a clown Diana Ferreira que divertirán aos asistentes de todas as idades.

Este festival, organizado polos alumnos de Produción de Espectáculos do IES Audiovisual de Vigo pretende divertir e á vez concienciar á sociedade viguesa sobre a marabillosa labor que realiza a protectora O Jaticán, fundada en Vigo no ano 2005, que carece de subvencións públicas e que subsiste coas aportacións dos seus socios, voluntarios e colaboradores.

Ademáis de desfrutar das actuacións os asistentes poderán mercar Lotería de Nadal, calendarios para o novo ano realizados polos membros de O Jaticán e coñecer aos traballadores da protectora.

Entrada: 1 euro nenos, 2 euros adulos.

Colaborador: Fernando Martinez

foto de Contando Estrelas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *