Tapas pola igualdade

Tapas pola igualdade

Juan Carlos Nesta
06/03/2013
    Datos del Evento:
  • 05/03/2013
    Fecha de inicio
  • 17:00
    Hora de inicio
  • --
    Eventos aquí

Envíame ista información desde Vigovello falándome dunha nova iniciativa, tapas pola igualdade, no marco da celebración do día das Mulleres e conmemorando os 150 anos da obra dunha muller moi importante, Rosalía de Castro, referíndome a ‘Cantares Gallegos’.

A asociación Vigovello explícao diste xeito:

Dentro do marco de dinamización do barrio e, con motivo da celebración do Día Intenacional das Mulleres e a Conmemoración dos 150 anos da edición de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, a Asociacion de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello quere unirse a esta iniciativa, proposta pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller,  e colaborar coa presentación da “Ruta das Tapas pola Igualde”.

Tapas:

Ata o propio sábado dia 9 de marzo, en 27 locais do casco vello poderanse degustar ditas tapas, creadas para a ocasión polos establecementos hosteleiros do barrio (a tapa non superará os 3€).

Rastro Portovello, o Sábado 9:

Ese mesmo sábado terá lugar, tamén nas rúas do Casco Vello e,dentro do marco de dinamización do barrio, unha nova edición do Rastro Portovello con artigos de segunda man, libros, vinilos, roupa, decoración, artesanía… e todo a prezos populares.

Debido á coincidencia de estes actos conmemorativos e ó noso habitual Rastro as rúas van ateigadas de xente!

Podes ampliar os cartéis:

 

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.