O próximo domingo 6 de abril, ás 18.00 h, chega ao Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia o Symphonic of Abba, un espectáculo e unha produción sen precedentes, que combina as mellores e máis emblemáticas melodías de Abba coa música clásica.

A One World Symphonic Orchestra e a Rock Band fusionarán as obras e os éxitos máis importantes da célebre banda sueca, ofrecendo máis de dúas horas de concerto nas que descubrir, ou volver gozar, das mellores creacións de ABBA, cunha poderosa fusión entre a súa música en estado puro e o xénero clásico.

O corpo vocal do espectáculo estará integrado por un elenco de artistas de primeiro nivel, con avaladas traxectorias de ámbito internacional e capacitados para satisfacer as expectativas dos máis fieis seguidores de Abba, prometendo conmover tanto os incondicionais da formación sueca, coma os novos adeptos á súa música.
A orquestra está formada por músicos dunha longa traxectoria no ámbito clásico. Pola súa banda, a Rock Band, creada expresamente para o desenvolvemento desta xira, conta con músicos de recoñecido prestixio dentro do panorama musical nacional e internacional: batería, Trevor Murrell (George Michael, Sade, Joe Cocker, Simple Minds…); baixo, Pete Shaw (Chris Rea, Mary Black,Rick Wakeman…); guitarra, Christian Vidal (Therion, Road Vultures…); saxo, Norbert Fimpel (Joe Cocker, Roger Hodgson…); piano e teclados, Eric Bergamaschi.

Entradas a venda en servinova.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 02/04/2014

quehacerenvigo.es

Destacado