Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 26/03/2014

Os vigueses Maryland e os madrileños Havalina reuniranse hoxe mércores no escenario do teatro de Cidade Universitaria da Universidade de Vigo con motivo da edición de 2014 do Festival Sonora.

Ficha del evento:
  • 26/03/2014
    Fecha de inicio
  • 17:30
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Este ciclo ten por obxectivo traer á Universidade os sons máis independentes e sempre apostando por un grupo local e outro de fóra.

Entrada libre ata completar aforamento. 17:30h.

Os madrileños Havalina, habituais xa de festivais independentes como Sonorama, levan xa sete traballos e máis de dez anos pisando escenarios. Conta con sete álbums publicados, sendo H o seu último larga duración co que se consolidan xa no escenario como un dos grupos máis sólidos do panorama indie. Tras Junio, Imperfección, e Las Hojas Secas, e outros tres discos anteriores baixo o nome Havalina Blu, o grupo publica no 2012 H. Havalina está liderado por Manuel Cabezalí (voz e guitarra), e a crítica destaca deles o seu directo, considerándoo como un dos mellores do panorama musical español. De feito, ese é un dos motivos polo que son habituais nos carteis dos principais festivais independentes. En Vigo tocarán mañá a partir das 18.30 horas.

Os seus teloneiros do Sonora14 serán os vigueses Maryland, banda que está a presentar estes meses o seu último traballo, Los años muertos, de xira por toda España. Un disco considerado pola crítica como continuísta e de consolidación do seu estilo, baseado nun son contundente e limpo no que a guitarra ten sempre un papel principal. O que sorprende neste novo álbum é o cambio de idioma con respecto aos seus dous discos anteriores, no que unicamente empregaban o inglés (Surprise e Get Cold Feet).

Deja un comentario