SES en Vigo | Concerto | Mar de Vigo

SES en Vigo | Concerto | Mar de Vigo

Juan Carlos Nesta
06/03/2018

SES presenta este venres 9 de marzo en Vigo o seu novo disco, ‘Readmirando a condición’ logo de esgotar entradas en dous concertos consecutivos na Coruña no inicio de xira e tamén en Barcelona.

Concerto de SES en Vigo

O concerto será no Auditorio Mar de Vigo ás 21 horas. Neste novo traballo, publicado o pasado 1 de decembro, a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011, ademais dun tema inédito -e homónimo- que se pode escoitar neste videoclip en Youtube, que xa acadou 15.500 visitas.

As entradas para o concerto de Vigo están á venda en ticketea.com. O espectáculo forma parte da xira que a levará nos vindeiros meses por varias cidades galegas (A Coruña o 24 e 25 de febreiro [ESGOTADAS]; Vilagarcía o 7 de abril; Compostela o 14; Narón o 12 de maio; e Lugo o 26), ademais de Barcelona (Tradicionàrius, 1 de marzo [ESGOTADAS]), Madrid (Galileo Galilei, 13 de marzo), Bilbao (Azkena, 20 de abril) e Lizarra ao día seguinte.

Neste ‘tour’ as súas fans poderán escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento non se fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados en directo.

Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer uns 50 concertos desde a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península.

‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

***Este novo disco só se vende nos concertos da banda e na súa web.

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.