Sardiñada de San Xoán – Casco Vello Alto

Sardiñada de San Xoán – Casco Vello Alto

Steve Dominguez
22/06/2015

¿Aínda pensas quedar na casa en San Xoán? Xa sexa para quitar ou meter o demo no corpo, este ano volta a sardiñada de San Xoán ó Casco Vello Alto de Vigo para gozo dos paladares e sacrificio das sardiñas. Tes una cita este Martes 23 de Xuño ás oito da noite no Casco Vello Alto.

A partires das oito da noite e na praza do “Abanico”, diante da Casa da Collona os veciños se reunirán e inmolarán por San Xoán ás sardiñas para que mollen o pan.

Para asegurar que non te quedas sen sardiñas dende a asociación cultural do barrio alto do casco vello poñen á venda uns tickets que che permiten reservar por 5€ dúas sardiñas con pan, e unha empanadilla artesana. Este ticket poderás aboalo por anticipado no Espacio Nido antes do martes 23 ó mediodía. Mercarán algunha sardiña de máis para o que se apunte a última hora, e venderémolas “in situ”, pero esta modalidade non garante que vaias ter sardiñas porque terán prioridade os que xa teñan aboado o ticket de 5€.

Como non, haberá refrescos e unha billa de cervexa que se venderá a 1,5€ o vaso así como a actuación dun DJ  e dun grupo de rock en directo.

Máis información en Casco Vello Alto.

Te puede interesar:

One thought on “Fiesta Año Nuevo 2019 Tokio y Gatsby

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.