Samaín en Vigo 2018

Samaín en Vigo 2018

Juan Carlos Nesta
30/10/2018

O Concello celebra o Samaín con obradoiros infantís e animación na Porta do Sol e no Calvario

O goberno de Vigo programa distintos actos para a tarde-noite do próximo mércores, 31 de outubro, tanto na Porta do Sol como na peonil do Calvario, diante do mercado. Abel Caballero invitou aos máis pequenos “a gozar do Samaín na cidade”

O festexo do Samaín organizado polo Concello comezará a partir das 17 horas do próximo mércores, 31 de outubro, en dous emprazamentos: na Porta do Sol e diante do mercado do Calvario.

Entre as 17 e as 20 horas, o goberno vigués programa distintos obradoiros infantís en ambas localizacións: cabazas de Samaín, maquillaxe e tatuaxes de terror, cabazas con globos, a man da bruxa, móbiles e figuras terroríficas… Na Porta do Sol, a xornada complétase co pasarrúas “Draco” a cargo de Troula Animación, desde as 19:30h con saída no farol de Urzáiz.

No Calvario, en paralelo aos obradoiros infantís, o público asistente poderá gozar de “Matilda”, a animación de Koremi Rehabilitación, entre as cinco e as oito da tarde. A partir das 20 horas, e ata as 23 horas, serán tradicional coa Asociación Folclórica e Cultural O Fiadeiro.

Samaín nos barrios de Vigo

O anteriormente citado refírese o Samaín organizado polo Concello de Vigo, pero tamén temos festas organizadas polos centros culturais ou similares, en distintos barrios de Vigo. Destacamos a festa de Samaín no Berbés e a de San Paio de Navia.

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.