Samaín con Cine e Chocolate

Samaín con Cine e Chocolate

Juan Carlos Nesta
18/10/2014

Celebra o Samaín na asociación Xaruma (Teis). O 31/10 teñen preparada unha tarde de Cine e Chocolate.

O vindeiro 31 de outubro, ás 19.00 horas, faremos unha sesión de cine e chocolate na nosa entidade, aberto a todos os públicos. Chocolate quente para todos e todas e a película «O Apóstolo» de Fernando Cortizo, un film galego de Stop Motion en 3D nominado aos Goya o pasado ano (apta para todos os públicos).

«Un convicto recén fugado de prisión tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha apartada aldea, pero o que alí atopará suporá unha maior condena da que conseguíu escapar. Extraños anciáns, almas en pena e ata o arcipreste de Compostela interporanse no seu camiño».

A entrada é de balde ata encher aforo, mais precisamos previa inscrición a través da nosa páxina web ou por teléfono.

Te puede interesar:

Guerra civil, monteferro
Festival Pint Of Science en Vigo el 20 de mayo
El gran cantautor del panorama nacional, Manolo García, actúa el 17 de mayo en el Auditorio Mar de Vigo a las 21:00 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.