A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons.

Seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría. Guiarán este percorrido Pedro Feijoo, Xos Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

Itinerario

Data: sábado, 20 de xuño de 2015

8:30: reunirémonos a carón da estatua de Julio Verne (nas Avenidas, ao carón do Náutico) para dende alí achegarnos ao peirao para embarcar.

9:00: saída do barco do peirao  -Travesía e visitas á illa, guiadas.

Nelas falaremos dos lugares da novela, dos naufraxios e da toponimia da illa e da ría

Cada viaxeiro poderá traer a súa comida ou concorrer aos restaurantes da illa

18:30: saída rumbo a Vigo

Prezo: 10 euros (travesía e visitas, non inclúe comida)

Reservas de praza:
a) Dende o 8 de xuño, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos)

b) De lle confirmar a praza, deberá facer o aboamento na conta corrente á 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ons” acompañada do número de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@minhor.org

d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 17 de xuño, será eliminada esa reserva

Rúa Montero Ríos, 16, 36201 Vigo, Pontevedra, España

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 06/06/2015

quehacerenvigo.es

Rúa Montero Ríos, 16, 36201 Vigo, Pontevedra, España

Destacado