Autor: colaborador
Publicado el: 07/04/2016

ROTEIRO GUIADO POLO AREAL DA PRAIA DE BARRA – MONTE FACHO

Ficha del evento:
  • 16/04/2016
    Fecha de inicio
  • 10:00
    Hora de inicio
  • cangas
    Lugar del evento

Interese da excursión: Neste roteiro guiado amosaremos os segredos que gardan as plantas dunares, aprenderedes a distinguir rastros e sinais de animais, ensinaremos para qué serve o bosque de ribera e os antigos muiños de auga, iremos buscando aves forestais e poderemos deleitarnos coas vistas das Illas Cíes dende o Monte Facho, no que tamén descubriremos os misterios da antiga Cultura Castrexa.

Ónde: Costa da Vela (Cangas do Morrazo, Pontevedra)
Duración: Ruta circular de 4 horas de duración.
Dificultade: Fácil. Apta para toda clase de público (Nenos a partir de 8 anos).

TARIFA: Adultos 6 euros/persoa. Nenos menores de 12 anos 5 euros. (IVE incluido)
PARA PARTICIPAR É PRECISO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE!

PARA MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Entra no noso Facebook- ALADOS MEDIOAMBIENTE
Chama ao 662 140 027 ou manda un correo a info.alados@gmail.com
Ou entra na nosa páxina web:
Rutas de medio día.

Deja un comentario