XXIII REVOLTALLO DE MÚSICA EMERXENTE. Esta cita musical terá lugar o 2, 3 e 4 de setembro en Valadares, mesturando xéneros coma hiphop, rap, rock, punk, música africana ademáis doutras actividades.

O Revoltallo de Música e cultura emerxente chega este ano á súa XXIII edición. Pódese dicir que é un dos festivais máis míticos e lonxevos de Galicia. Naceu na década dos noventa dunha novedosa idea de incluir estilos tan diferenciados como o indie, techno e o hardcore, cun presuposto moi limitado pero defendendo ano tras ano o seu humilde cartel ante os seus máis acérrimos seguidores.

A Xuntanza Xuvenil co apoio do Centro Cultural de Valladares déronlle unha volta ao plantexamento deste festival, que agora eríxese coma unha cita para toda a familia nos diferentes espazos que oferta ao redor das instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (O Pedregal), aínda que a música emerxente segue sendo o principal reclamo destas xornadas.

Os concertos, núcleo central do Revoltallo, terán lugar en dous espazos moi distintos: a cuberto no auditorio deste Centro e ó aire libre na Leira.

Así, a programación arrinca a cuberto o venres ás 20:30 horas coa electrónica experimental de Madamme Cell (Nacho Muñoz), produtor musical de infinidade de artistas entre os que se atopan Uxía, Budiño ou Mercedes Peón. Coa súa música crea paisaxes sonoras que van do electropunk ao coll noise. Unha hora despois, ás 21:30, será a quenda de Ben Senmedo, que co seu sorprendente rock en directo garante ofrecer un regalo cultural para todos os asistentes.

A segunda xornada comeza o sábado 3 ás 21:00 horas, coa intervención do cantautor punk Leo e Arremecághona, que leva dende 1997 participando de diversos proxectos musicais por toda Galiza, seguido por Irmandades do Falo as 22:00 horas. Este trovadores de Vilalba son os encargados de poñer o toque de sátira a esta noite co seu clarinete e bombardino.

Rapeando na Leira

Xa o sábado a partir das 23:00 horas os amantes do Rap teñen unha cita ao aire libre cos artistas locais Verso Libre ­ Chove Libre (Thomas Dylan, ICHI, 2 pasos), Malandrómeda (00:00 horas) co seu rap vanguardista e costumista, seguido de Duke Sam ft. Chico López e DJ Predator, e Son da Rúa (02:00 h.) son os encargados de pechar a xornada co seu estilo non catalogable, xa que non rapean senón que falan con ritmo.

Verso libre da nome a un colectivo nacido en 2012 para promocionar o traballo de varios artistas. O seu traballo Chove é un álbum de Hip Hop nacido en 2014 que vira entorno a un concepto audiovisual creado por Thomas Dylan –vocalista–, Frank aka “Genio en la Sombra” e 2Pas0s –productores–, Ichi –dejaay– e Javi H –fotógrafo–. O disco contén 10 cancións ilustradas con fotografías que foron tomadas o longo do último ano por Javi H. Ademáis, o proxecto ven documentado con vídeos tocando en directo empregando sintetizadores, procesadores de efectos, pratos, guitarra e drumpads.O álbum foi manufacturado en Mood Studios –Madrid– editado en vinilo e CD, polo colectivo vigués Verso Libre en setembro de 2015.

O grupo compostelán Malandrómeda, formado por Hevi e O Master do Son, presentou simultáneamente este ano co selo discográfico Matapadre os discos Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo tanto en vinilo coma en dixital, auto producidos entre 2012 e 2015. O primeiro toca temáticas intimistas e melancólicas e o segundo recopila temas mais festeiros e coloristas.

O polifacético e carismático Duke Sam amosase como un dos artistas máis prolíficos e activos do noso panorama. Nas súas letras dun marcado carácter social e reivindicativo, destaca a acidez e o sarcasmo. Nesta ocasión acompáñano o colectivo Track Asedio, DJ Predator, elexido mellor productor holandés de drum&bass 2003 e Chico López, ponteareano referencia en produccións de Hip­hop dende 2007.

O domingo 4 de setembro é o turno de coñecer os ritmos africanos. A xornada comeza ás 18:30 horas cun obradoiro de percusión africana seguido ás 19:30 por outro de danza africana, todos eles ao aire libre na Leira e outros espazos colindantes.

Pecha está XXIII edición, xa a cuberto no auditorio, un concierto de danza e percusión tradicional da Costa Oeste Africana, da man da compañía Allatantou Dance Company de Portugal.

Eira familiar

Como xa adiantabamos, os máis cativos teñen tamén o seu espazo no Revoltallo. A Eira familiar é o espazo destinado ás familias, que comeza a súa programación o sábado ás 18:00 horas coas historias da actriz e filóloga Raquel Queizás. O clown belga Rudi­ Dudi toma o relevo co seu espectáculo de malabares (19:00h.) e o novo circo de Ruactiva con Isla Le Triska son os encargados de pechar a xornada coa función circense máis gamberra.

O mimo Ksiloco abre as actividades do domingo (18:30h.) e a maga cómica Leo Leíño pecha esta edición que remata para os cativos ás 19:30h por este ano.

A entrada é de balde.

Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Pontevedra, España

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 26/08/2016

quehacerenvigo.es

Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Pontevedra, España

Destacado