Autor: Steve Dominguez
Publicado el: 01/07/2015

O Sábado 4 de Xullo con saída no colexio público C.E.I.P. de Atín-Cela temos na nosa axenda o II Rastrexo de Pereiras “SINAIS” de Mos.

Ficha del evento:
  • 04/07/2015
    Fecha de inicio
  • 22:00
    Hora de inicio
  • mos
    Lugar del evento

Coa chegada do bo tempo comeza a tempada das praias, os xeados e, por suposto, os rastrexos. A quen participou nalgún non temos que contarlle o divertido que é mergullarse nesta aventura nocturna. Pero quen nunca se animou a ir a un, non sabe o que se perde.

Noticias de Perreiros.
Os veciños de Pereiras avistaron misteriosas SINAIS, mesmo algún asegura ver extrañas criaturas. Convocamos a tod@s @s valentes a descifrar este misterioso enigma.

A Preinscrición realizarase a través do correo libramentopereiras2015@gmail.com, indicando nome do grupo e do representante, nº de participantes e tfno. de contacto (pincha aquí para coñecer tódolos detalles). O prezo da actividad é de 4 €/persoa para equipos de 6 a 10 persoas. Os menores de idade deberán presentar autorización paterna ou do titor legal. Contaremos con vestiarios con duchas, Dj e cantina de bocadillos quentes o rematar a proba.

Rastrexo de Pereiras

¿Que é un Rastrexo?

Trátase dunha actividade nocturna, lúdica e deportiva que ofrece a posibilidade de gozar dunha experiencia distinta, dun xogo deseñado para que sexa unha auténtica aventura, dinámico e emocionante, que pon a proba tódalas aptitudes dos participantes, tanto físicas como mentais, a súa resistencia, enxeño e capacidade de tomar decisións que afecten a todo o grupo. Xógase por equipos, formados cada un deles por entre cinco e dez integrantes, onde o obxectivo consiste en completar un percorrido trazado polo monte, dunha lonxitude aproximada de nove km, seguindo un itinerario marcado por frechas ou ben interpretando un mapa ou ámbalas dúas formas ó tempo.

Deja un comentario