Vótaseme o tempo enriba e por un motivo ou outro non dou publicado nada sobre a reconquista… menos mal que iste ano dende a organización danme máis tempo xa que aínda que o día propio da festa é o 28 de Marzo, pásanse os festexos para o Sábado 7 e Domingo 8 de Abril. Ademáis e por mor da coincidencia coa Semana Santa, trasládase o festivo para o Luns 1 de Abril.

Xa sabedes de que vai a cousa: de recrear como foi a retirada dos Franceses alá polo ano 1809. Disa forma reconquistamos a cidade. A festa trata de trasladarnos a isa época, vistindo traxes acordes e convirtindo o actual Casco Vello nun mercado de comezos do século XIX.

Ista é a programación da festa da reconquista, declarada de interese turístico galego.

PROGRAMACIÓN

Sábado 6 de abril

-10:00 h Apertura do mercado
-13:00 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (Praza da Constitución)
-18:00 h Inauguración da festa (Praza do Berbés)
-18:15 h Representación da destitución da corporación da Vila de Vigo (Praza do Berbés)
-19:00 h Demostración de esgrima antiga (Praza do Berbés)
-19:30 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (Praza da Constitución)
-21:30 h Concerto dos Terribles de Donas. (Praza do Berbés)
-23:00 h Peche do mercado

Domingo 7 de abril

-10:00 h Apertura do mercado
-12:00 h Demostración de esgrima antiga (Praza do Berbés)
-18:00 h Representación Teatral da reconquista da Vila de Vigo, na Porta do Sol.
-21:00 h Concerto de Mel de Meiga. (Praza do Berbés)
-23:00 h Peche do mercado

Más información na web da Asociación do Casco Vello

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 25/03/2013

quehacerenvigo.es

Destacado