Programación Nadal 2015 Concello de Vigo

Programación Nadal 2015 Concello de Vigo

Juan Carlos Nesta
11/12/2015

VIGO NADAL comezou esta semana coa apertura das pistas de xeo e trineos en Samil, oferta tamén concertos, panxoliñas, espectáculos, circo e contacontos en todo Vigo. Ademais, o goberno local organiza o Parque Infantil de Nadal «Illas Cíes», para aprender de forma lúdica a riqueza natural, cultural e histórica do arquipélago vigués.

Xunto ás pistas, o goberno de Vigo programou un amplo e diverso abano de posibilidades para estas festas, que inclúe as tradicionais e animadas visitas a barrios e asociacións do Carteiro Real e o seu séquito, concertos de Nadal a cargo de bandas de música e corais polifónicas, panxoliñas nos centros e servizos de persoas maiores e o agardado Circo de Nadal «XX Aniversario La Fiesta Escénica».

O Concello tamén propón para toda a familia, e con especial atención nos máis pequenos e pequenas, a Gran Gala «Nadal Máxico 2015», coa participación de cinco artistas o 20 de decembro no Auditorio do Concello. Súmanse a este espectáculo as máis de quince actuacións que acollerá o Auditorio Mar de Vigo: concertos de rock, gospel, musicais, ilusionismo, ballet, orquestra, o Festival CLAN… Os contacontos cobrarán especial importancia no Nadal, xa que o goberno local ten programados preto de corenta repartidos por todo Vigo, comezando o 18 de decembro ás 18 horas no local Detrás do Marco, con «Un Nadal cheo de contos».

Cabalgata de Reis

O prato forte para os nenos e nenas será o 5 de xaneiro, co desfile da Cabalgata de Reis, que emprenderá o seu camiño ás 18 horas e percorrerá García Barbón (desde o nó de Isaac Peral), Policarpo Sanz, Porta do Sol e Elduayen para finalizar no Paseo de Alfonso. Todos os caramelos repartidos desde as carrozas do Concello serán sen glute e algúns tampouco terán azucres.

Pola mañá, as SS.MM. Os Reis Magos visitarán hospitais e centros asistenciais e participarán, ás 12 horas, nunha recepción no Auditorio do Concello, con animación e chocolatada. Ás 17 horas, o tradicional acto de recepción das autoridades aos Reis Magos na Porta do Sol.

O concurso «Vente cos Reis Magos» continúa aberto e os rapaces e rapazas que queiran poden inscribirse ata o 16 de decembro nas caixas do Carteiro Real localizadas no Concello e nos Centros Municipais do Casco Vello, Teis, Coruxo e Saiáns. O sorteo celebrarase ás 12 horas do 22 de decembro no Auditorio Municipal e contará coa animación do Carteiro Real.

Parque Infantil de Nadal «Illas Cíes»

Enmarcado na campaña pola candidatura á declaración de Patrimonio da Humanidade, o Concello organizará no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo o Parque Infantil de Nadal «Illas Cíes», do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, en horario de mañá e tarde. Con entrada de balde, esta actividade propón dar a coñecer dunha forma divertida os valores medioambientais e a riqueza natural, histórica e cultural do arquipélago vigués.

As escolas municipais de música e artes escénicas saen á rúa

Durante a semana do 14 ao 18 de decembro, as escolas municipais de música e artes escénicas dependentes da Concellería de Educación do Concello de Vigo (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música folk e tradicional -ETRAD-, Escola municipal de danza -EMD- e Escola municipal de teatro -EMT-), desenvolverán actuacións de pequenas formacións propias na rúa do Príncipe, ao carón do MARCO.

Enlace á programación de Nadal 2015 en Vigo.

Te puede interesar:

Este 22 de mayo hasta el 26, se celebra la Feria de Abril en Vigo, este año en Samil tras varios problemas organizativos.
Guerra civil, monteferro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.