Autor: colaborador
Publicado el: 20/06/2017

“Poesía cromática”, publicado por Belagua Ediciones, é o resultado dun proxecto artístico común entre o poeta Antonio García Teijeiro e o pintor Xulio García Rivas. Un libro especial, de pintura e poesía, que reúne 40 pinturas e 40 poesías creadas ao longo de dez horas, entre os anos 2014 e 2016.

Ficha del evento:
  • 22/06/2017
    Fecha de inicio
  • 20:00 h.
    Hora de inicio
  • Vitruvia café
    Lugar del evento

Prologado pola poeta Eva Veiga, deste libro imprimíronse unicamente 200 exemplares, que se presentan ao público numerados e asinados polos seus autores.

“Poesía cromática”, reproduce os 40 orixinais, tal e como saíron das mans dos seus autores, sen correccións de ningún tipo, respectando a forza do inmediato, do espontáneo, case do automatismo, coa que eles mesmos traballaron. Unha publicación, en palabras dos autores, que leva consigo “o reto marabilloso de espertar emocións”.

Deja un comentario