Iste sábado volvín polo meu querido Balaídos, nunha data especial, a festa que fan as Peña do Celta. Facía moito tempo que non pisaba a bancada de Marcador, -un tempo atrás fora socia nela – e a volta foi perfecta (Victoria por 4-0).

A verdade é que o das peñas é un mundo aparte. Nos últimos tempos non acudo a Balaídos como de costume, e cando o fago, vou ben a grada de Gol, ou ben a grada de Río Alto. Xustamente non son as gradas con maior afluencia de Peñas. Así que sobre o acontecido o pasado sábado xa non tiña costume. Un tempo atrás falei por aquí mesmo que parecíame que a afeccion de Vigo eramos tranquilos de máis. Quizáis, pero todo depende de onde se mire…

Marcador: A bancada que fai Celtismo.

Déuseme por ir o estadio e sentarme o carón da Peña Centolos Celestes. Miña nai, que algarabía que montán!!… nin un só segundo están calados ises rapaces!. Un ambiente excepcional. Teñen preparadas un montón de cantigas e involucran a todo o mundo.

E non solo son eles, cabe Mencionar a Peña Comando Celta que levan moito tempo apoiando ó equipo ou a increíble peña Carcamáns ( istes veñen dende A Illa de Arousa ) cos que hai que quitarse o sombrero.

Logo  teño que mencionar en Rio Baixo a Peña de Irmandiños, xente xoven que non para durante os 90 minutos e que lle dan animación e cor a bancada.

En fin o final montouse moita festa, que tamén temos dereito de vez en cando, cantamos A Rianxeira, Bricamos e  …

PD: Recomendo ir sen resaca a zona das Peñas.

Bonus: Vídeo da nova cantiga da Peña Irmandiños 1923:

Foto propiedade dos centolos celestes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 20/05/2012

quehacerenvigo.es

Destacado