A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan 3 “Paseos polo Vigo literario”

Horario: todos os paseos teñen a saída ás 11:30

Vigo literario

1.-Sábado, 17 de outubro, roteiro guiado por Marta Dacosta. Saída desde Paseo de Afonso XII (no extremo de Pi i Margall)

TÍTULO: SALITRE E ESCAMAS
Paseo Alfonso XII- Poboadores – A Barroca – Porto do Berbés – Praza do Pescador -Rúa Real – A Pedra – Estación marítima – Rúa Concepción Areal.
Case 1200 km de costa, un potente sector económico, crecemento demográfico,xeracións e xeracións de homes e mulleres que loitaron por sobrevivir ás veces nas condicións máis extremas e, porén, o mundo do mar non ten na nosa literatura a
presenza que outros ámbitos teñen. Está presente Vigo e a vida das xentes do mar,especialmente das redeiras e pescantinas na nosa obra literaria? Ou como dicía Manuel María cómpre aínda erguer a voz “a prol dos mariñeiros”?

2.-Sábado, 24 de outubro, roteiro guiado por Fran Alonso. Saída da rúa García Barbón ao pé das escaleiras que soben a Alfonso XIII

TÍTULO: O VIGO PORTUARIO DOS LIBROS DE FRAN ALONSO
Tomando como punto de partida a rúa García Barbón e rematando no barrio de San Francisco, exploraremos o Vigo portuario da man de Fran Alonso, guiados polos personaxes e localizacións dos seus libros, tanto de narrativa como de poesía.
O percorrido guiaranos polos escenarios, reais e literarios, que conectan á cidade coa ría e co atlántico, nese microespazo tan singular que define o perfil dunha cidade que naceu e medrou grazas ao mar e á actividade económica que se desenvolveu a partir del. Será un cóctel de cidade, vida e literatura aprehendida cos ollos dalgúns personaxes como a Señora Lola, que traballa facendo tortillas para os obreiros logo de cruzar a ría adiario.

3.-Sábado, 7 de novembro, roteiro guiado por Fran P. Lorenzo. Saída da rúa Privada Moderna.

TÍTULO: MEMORIA, POLÍTICA E CIDADE. O VIGO DE “CABALOS E LOBOS”
Recórdao ti e recórdallelo aos outros… Esa obriga, expresada nun verso do poema 1936 de Luis Cernuda, é a que alenta o  percorrido titulado Memoria, política e cidade. O Vigo de Cabalos e lobos.
O roteiro ten no seu epicentro no edificio de Gran Vía n.º2, auténtico protagonista da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor 2014. A visita, que atravesa os lugares desa ficción pero que tamén pretende dialogar coa magoada memoria da cidade e dos seus espazos perdidos, partirá da Privada Moderna, unha singular rúa, moi preto do Calvario, no vello límite do concello de Vigo e Lavadores.
Desde aí, en menos de dez minutos, e cun alto previo no muro de Vía Norte, chegarémonos a Gran Vía n.º2, o fogar da familia Beckmann, os protagonistas de Cabalos e lobos, cabo da cicatriz invisíbel do Scalextric. O arquitecto dese edificio, Francisco Castro Represas, e a súa obra racionalista serán tamén algúns dos fitos deste paseo que atravesa por entre vellos cafés que non
existen xa, refuxios antiaéreos, teatros pantasma, cinematógrafos, polas rúas Urzaiz, con parada no vello Derby, a entrada de Príncipe, Colón, Cine Fraga, a vella redacción do Faro de Vigo, Policarpo Sanz (Cable Inglés, Café Colón), Casa Sanchón, a Porta do Sol no horizonte, o Teatro García Barbón, o Teatro Rosalía, Marqués de Valladares, a Alameda (Editorial Galaxia) e As Avenidas, cabo do Bar Comercio, o Navy Bar de Manuel Antonio.
Inscríbete!
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán), a partir do día 10 de outubro (inclusive) dende ás 10:00

Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50

2 comentarios en “Paseos polo Vigo literario 2015

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 06/10/2015

quehacerenvigo.es

Destacado