Os Maios 2018. Celebración da chegada da primavera

Os Maios 2018. Celebración da chegada da primavera

Os Maios: Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais. Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera e que será levada a cabo pola Asociación Etnográfica A Merdeira, ao longo do mes de maio.

Celebra a chegada da primavera!

Programa dos Maios 2018 en Vigo

Duración: 60 – 90 minutos

Para todos os públicos. Actividade gratuíta

30 (abril) luns, 18:00. No Calvario (diante do mercado, Urzaiz, 183)

(colaboración de ACECA-Asociación de Comerciantes do Calvario- e do mercado do Calvario)

5 (maio) sábado, 12:00. En Navia (entre os números 18 e 20 da rúa As Teixugueiras)

(colaboración da A.VV. Novo Vigo)

8 (maio) martes, 18:00. En Coia, praza da Gurulla (entrando pola rúa Baiona, preto da gasolineira)

(colaboración coa Concellaría de Xuventude)

9 (maio) mércores, 18:00. Na praza da Independencia

(colaboración coa Concellaría de Xuventude)

11 (maio) venres, 18:00. En Bouzas (na alameda praza Suárez Llanos)

(colaboración da A.C. Vila de Bouzas)

12 (maio) sábado, 11:30. En Teis (diante do mercado, rúa Toural de Abaixo cara á Sanjurjo Badía)

(colaboración do mercado de Teis)

A rapazada levará a cabo a danza das cintas, despois dun pequeno obradoiro de aprendizaxe.

 

One thought on “Os Maios 2018. Celebración da chegada da primavera

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.