A Fundación Novacaixagalicia ofrecerá hoxe, xoves 10 de outubro ás 20.30 h, no teatro do Centro Cultural da entidade en Vigo, Policarpo Sanz, 23, un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia que homenaxeará a Antón García Abril no seu oitenta aniversario e que contará coa participación da soprano estadounidense Nicolle Cabell. Baixo a dirección de Lawrence Renes, a agrupación interpretará a Samuel Barber con Summer of 1915, a Antón García Abril con Hemeroscopium e a Gustav Mahler coa súa Sinfonía núm. 4 en sol maior.

Este concerto está incluído na tempada de abonos de música clásica que a entidade programou para a cidade de Vigo; á marxe dos abonos, pódense reservar as entradas a través da billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h, ou na web de Servinova, www.servinova.es. A Fundación Novacaixagalicia continúa coa súa iniciativa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica» pola que pon á disposición dos centros educativos, outro curso máis, a posibilidade de que os estudantes de ESO e mais bacharelato participen nos concertos de música clásica. Para tal fin os docentes que o desexen, poderán solicitar invitacións para os alumnos e alumnas chamando ao teléfono 988 391 746. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduciu a entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na propia billeteira a un prezo de 5 euros.
Previamente ao espectáculo a fundación galega ofrece ao espectador a posibilidade de asistir ao seu programa «Encontro co mestre», unha actividade que a entidade xa puxo en marcha na súa anterior tempada de música clásica e que retoma agora nesta nova xira de concertos de outono. O programa permite aos espectadores asistiren a unha charla privada, media hora antes da función e ao longo de vinte minutos, cos directores das orquestras. Nesta ocasión alén de Lawrence Renes participará no encontro o músico homenaxeado no concerto, Antón García Abril.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 10/10/2013

quehacerenvigo.es

Destacado