Ofeitoaman 2017

Ofeitoaman 2017

colaborador
13/12/2017

Ofeitoaman, 33 anos de autenticidade. Feira de artesanía en Vigo do 16 de decembro o 5 de xaneiro no exterior do Centro Comercial A Laxe.

A edición número 33 da feira de artesanía Ofeitoaman abrirá a súas casetas o sábado 16 de decembro na zona exterior do Centro Comercial A Laxe, frente a Estación Marítima de Trasatlánticos do porto de Vigo ca participación de 20 obradoiros artesáns de Galicia e un de Portugal.

Ademáis dos expositores habituais, este ano participan por primeira vez tres novos obradoiros: Paznavas da Coruña con complementos artesáns; Rosa Fraiz, ourive de Vigo; e Nuria Benlloch, deseñadora e artesá de Vigo, que presenta complementos de moda.

Os expositores galegos de Ofeitoaman son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia, e presentan obras acollidas baixo a marca oficial Artesanía de Galicia, que garante a súa cualificación e orixe.

A feira supón unha proposta de mercado de nadal monográfico, no que os obradoiros participantes presentan as súas creacións orixinais directamente ó público, como unha alternativa cargada de autenticidade, frente a outros agasallos máis convencionais.

Toda a información sobre os expositores con enlaces as súas webs pode consultarse na nova web da feira: www.ofeitoaman.org

A feira permanecerá aberta ata o día 5 de xaneiro, e pechará os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. O horario de visita é de 11 a 14 e de 16:30 a 21 (os días 24 e 31 pechará ás 19 h).

Ofeitoaman é unha feira organizada pola Asociación Galega de Artesáns, que conta ca axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.