Obradoiro de poesía con María Lado:  A poesía non morde, aínda que ás veces debería

Obradoiro de poesía con María Lado: A poesía non morde, aínda que ás veces debería

Despois de tres semanas nas que o público encheu o #salóndomarco para descubrir que A poesía non morde, aínda que ás veces debería, o ciclo de obradoiros de achegamento á poesía organizado polo Festival PoemaRia encara a súa recta final.

A penúltima sesión será o vindeiro martes 6 xuño (19:30; MARCO) e estará dirixida pola poeta María Lado, quen nos convida a achegarnos aos poetas galegos contemporáneos que falan do mar, poetas mariñeiros e mariñeiras, tanto de oficio (porque son moitos os poetas contemporáneos que son realmente mariñeiros) como de temática. Será un pequeno percorrido polo mar, especialmente o da Costa da Morte, e as súas ligazóns poéticas doutros tempos e lugares.

Tamén analizará a repercusión que o desastre do Prestige tivo na lírica galega, tanto como tema, enfoque ou reivindicación.
A entrada é de balde e non é necesaria inscripción.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.