Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 22/01/2012

Entereime hoxe que o vindeiro Xoves 26 de xaneiro haberá un obradoiro de BeatBox. E de paso entereime tamén da existencia de Trabalingua: Unha asociación aberta de mozos e mozas da UVigo que queren poñer en valor a lingua e cultura proprias galegas, sen dependencia de ideoloxías ou organizacións de calquera índole.

Ficha del evento:
  • 26/01/2012
    Fecha de inicio
  • 16:30
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Eles son os organizadores do evento, que o impartirá un dos pioneiros do BeatBox en Galicia: Gendebeat.

A tenor do que vexo no vídeo, ten moi boa pinta se o teu é a Cultura Urbana:

¿Hora?

Ás 16:30 na sala 4 de Miralles (Uvigo)

Apúntate:

Para apuntarte envíalles un mail cos teus datos a [[asociaciontrabalingua@gmail.com]]

Máis info: Trabalingua.

Foto de James Blann

Deja un comentario