Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 24/04/2014

Sergio Dalma chegará a Vigo co tour Cadore 33 o 9 de Maio ó auditorio Mar de Vigo.

Ficha del evento:
  • 09/05/2014
    Fecha de inicio
  • 21:30
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Sergio Dalma acaba de chegar de Arxentina e Chile, onde literalmente arrasou nos seus concertos. O tour Cadore 33, que comezou o 14 de febreiro en Palma de Mallorca, daba así un salto ao outro lado do Atlántico para comprobar o enorme tirón dun cantante que, con 25 anos de carreira e 16 discos publicados, segue a ser un dos artistas españois máis seguidos a ambas beiras do océano.

Vigo está incluído no tour Cadore 33 cun concerto que terá lugar o venres 9 de maio (21:30h) no Auditorio Mar de Vigo. Máis da metade das entradas postas á venda hai unha semanas xa están vendidas.

Cadore 33 xa é disco de platino en España desde o Nadal. Todo o bo que lle aconteceu a Sergio Dalma nos últimos anos xestouse en Cadore 33, o enderezo do estudio de gravación en Milán que el estreou co disco Vía Dalma e onde preparou os seus tres últimos discos. Os mesmos discos cos que viaxou da man do produtor italiano Claudio Guidetti. En Cadore 33, Sergio Dalma fabricou o disco perfecto, que reúne toda a súa bagaxe, todo o feito até agora, co aprendido nestas viaxes recentes.

Hai case 4 anos que Sergio Dalma non visitaba Vigo. Fíxoo en abril de 2010 para presentar o anterior traballo Trece e, como acostuma acontecer co cantante catalán, encheu o recinto do Teatro Novacaixagalicia.

Desta volta, o éxito parece tamén asegurado: a zona A (entradas a 50 euros) do Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo está xa completa e a zona B practicamente esgotada. As entradas poden adquirirse en www.servinova.com con prezos que van desde os 30 aos 45 euros máis gastos de xestión.

O concerto de Sergio Dalma en Vigo está promovido por SoliMusic Events SL.

Deja un comentario