Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 08/05/2017

O SÁBADO 13 e DOMINGO 14 de Maio na SALA ÁRTIKA de VIGO terán lugar varias representacións do espectáculo “O GAITEIRO BUCÓLICO” da compañía YÁZABRO e coa interpretación do actor SIMÓN PIÑÓN.

Ficha del evento:
  • 13/05/2017
    Fecha de inicio
  • 18:00
    Hora de inicio
  • sala ártika
    Lugar del evento

O espectáculo é un show cargado de estímulos sensoriais no que se conta a historia do Gaiteiro Bucólico, un gaitero do s. XIX, que comezou tocando cancións con pallas de centeo e acaba sendo un músico de moita relevancia no seu entorno, pero que coma moitos outros, caeron no esquecemento por non ter unha repercusión mediática no seu momento.

A historia a escoitamos de Pedro, o seu tátara-tátara-tátara neto, quen herdou os seus instrumentos, as súas notas e os seus trebellos, cos que agora el mesmo intenta reavivar a lenda do seu antepasado.

O show, ao tempo que conta a historia do Gaiteiro, fai unha ampla exposición dos seus instrumentos musicais, xa que solo así podemos entender a súa traxectoria, na que pasa de ser un neno de aldea que aprende a tocar con pallas de centeo, a transformarse nun gaiteiro importante.

Sendo así, o espectáculo é un Concerto Didáctico inusual no que se amosan máis de 20 instrumentos tradicionais, enxebres a ancestrais, explicando a súa orixe e características máis importantes.

Trátase dunha producción da compañía YÁZABRO, que xa formou parte de diferentes programacións oficiais como: As Festas do San Froilán, Os “Seráns Culturais” da Deputación de Lugo, o Circuito de Teatro Profesional da Provincia de Lugo, a Rede do AGADIC, etc.

Lugar: Sala Ártika (Vigo, Beiramar 113)
Hora: Sábado ás 18:00 h/ Domingo ás 12:00 e ás 18:00 h
Compañía: Yázabro
Espectáculo: “O GAITEIRO BUCÓLICO”
Interpretación: Simón Piñón
Espectáculo teatral con música en directo enfocado ao público familiar.
Duración: 50 minutos aprox.

Deja un comentario