Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 08/10/2013

A Fundación Novacaixagalicia presenta en Vigo a obra O coloquio dos cans, un texto de Miguel de Cervantes interpretado pola compañía de Albert Boadella, Els Joglars. O espectáculo de Vigo terá lugar no teatro do centro cultural da entidade, emprazado na rúa Policarpo Sanz, 13, hoxe martes 8 de outubro ás 20.30 h.

Ficha del evento:
  • 08/10/2013
    Fecha de inicio
  • 20:30
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

A obra de Els Joglars conta como eses dous cans sabios contemplan con asombro como os insensatos humanos desta sociedade empéñanse en ascendelos do seu cargo de simples cans, para podelos tratar como se foran persoas. Seguramente o seu bo olfacto, por iso nacen co nariz aberto quince días antes de que se abran os seus ollos, lles permitiu seguir na súa condición de animais sen apartárense da natureza. Pola contra os bípedes chamados racionais no seu delirio mistificador e prepotente sobre o mundo animal parece que cada vez se afastan máis dela. A compañía pretende que este coloquio de cans do gran Cervantes actualizado sirva para botar o freo a tanto desmán e valorar o bo entendemento de Cipión e Berganza.

Entradas de 16 a 25 euros aproximadamente.

Deja un comentario