colaborador
03/01/2018

A xente que lle gusta a lectura ten unha boa nova en forma de clube de lectura en lingua galega.

Ficha del evento:
  • 23/01/2018
    Fecha de inicio
  • 19:30
    Hora de inicio
  • El Jardín del Soja
    Lugar del evento

Coa fundación deste clube pretendemos dar visibilidade a lectura na nosa lingua e ser un punto de encontro para lectores habituais en galego.

O clube terá dúas sesións mensuais adicando un dos días á comentar o libro de narrativa e o día seguinte o de poesía. As sesión serán os Martes e Mércores de cada mes (adxunto no calentario datas) no café “El jardín del Soja” (Policarpo Sanz, nº14), frente ó teatro A fundación de García Barbón en Vigo.

O horario será de 19:30 a 21:00 tendo os asistentes flexibilidade á hora da chegada e saída.

O clube ten unha tasa de 12 euros (6 cada reunión) ó mes que irán destinados a financiar a cesión dun espazo exclusivo para as reunións, as visitas dos autores/as (desprazamento e consumicións). Para os participantes están incluidas as primeiras consumicións de cada reunión (2 reunión ó mes) cunha pequena merenda. Asímesmo a posibilidade de mercar os títulos con pequenos descontos nalgunhas librarías de Vigo.
*Todo aquel que teña problemas económicos para abonar dita tasa que non prescinda de enviar un mail e buscaremos solucións.
As lecturas para este mes de Xaneiro serán

– Martes 23 de Xaneiro de 2018. Resistencia de Rosa Aneiros (Xerais)
– Mércores 24 de Xaneiro de 2018. Auga a través de Dores Tembrás (Apiario)
Para máis información escribide a palabradegatsby@gmail.com.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *