Novo Bus Híbrido de Vitrasa, menos contaminante e máis respetuoso co medioambiente. Dende o luns estará operativo de forma experimental na Circular Centro.

Vitrasa incorpora dende hoxe un novo bus á flota. Trátase dun vehículo híbrido de última xeración que conta coas últimas novidades tecnolóxicas.

Bus híbrido 2

O novo movelo combina motor 100% eléctrico e motor de combustión diésel Euro VI, os máis innovadores e menos contaminantes do mercado.

Trátase dun vehículo totalmente respectuoso co Medio Ambiente xa que reduce as emisións de CO2, a contaminación acústica e o consumo de combustibles fósiles. Vitrasa é unha empresa comprometida co entorno no que opera e busca as solucións máis sostibles e que redunden nun mellor servizo aos cidadáns.

O obxectivo da compañía e incorporar este vehículo de forma experimental e a partir deste luns estará operativo na Circular Centro.

O novo bus de 12 metros de lonxitude ten capacidade para 23 persoas sentadas e 61 de pé e conta con dous espazos reservados para dúas persoas con mobilidade reducida. O autobús conta con piso baixo integral e rampa eléctrica.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 20/06/2016

quehacerenvigo.es

Destacado