Juan Carlos Nesta
13/10/2014

Xa temos a programación oficial diste cuadrimestre da Universidade de Vigo. Comezamos con Novedades Carminha.

Ficha del evento:
  • 16/10/2014
    Fecha de inicio
  • 18:30
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

O 16 de outubro abrirá o cartel o grupo galego Novedades Carminha. A banda de garaxe-pop ofrecerá un concerto moi esperado no auditorio da Universidade viguesa logo de cancelarse este verán a súa actuación no festival PortAmérica, en Nigrán, por razóns meteorolóxicas. Novedades Carminha tocará temas do seu último traballo, Juventud infinita.

Trío galego que achegará ao Teatro de Cidade Universitaria o seu último álbum, Juventud Infinita (Ernie Records, 2014). Producido por Ángel Kaplan, en Asturias, e masterizado por Noel Summerville no seu estudio de Londres, neste novo traballo o grupo -formado por Xavi Pereiro (batería e voz), Carlos Pereiro (guitarra e voz principal) e Adrián D. Bóveda (baixo e voz)- evoluciona engadindo ao seu estilo de garaxe de factura lo-fi, sons do pop, con tintes de psicodelia e punk a partes iguais. Segundo a crítica, Juventud Infinita (un álbum con 10+1 temas) apuntala a Novedades Carminha como a máxima referencia do garaxe-pop cantado en castelán.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *