Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 27/07/2017

NigranJazz 2017, puro Jazz en Nigrán o 28 e 29 de xullo!

Ficha del evento:
  • 28/07/2017
    Fecha de inicio
  • 12:00
    Hora de inicio
  • ¿qué hacer?
    Lugar del evento

Os aclamados pianistas estadounidenses Michael Kanan e Kevin Hays, grandes estrelas internacionais desta edición.

O festival unirá para a ocasión ao guitarrista Virxilio da Silva e o pianista Abe Rábade. O cartel inclúe tamén ao contrabaixista portugués Gonçalo Leonardo presentando o seu primeiro disco e as tradicionais master-class, jams-sessions e sesións de swing.

O festival de jazz conta nesta edición con sendas actuacións estelares dos pianistas americanos Kevin Hays no seu único concerto en Europa co seu trío e de Michael Kanan co seu cuarteto.

Esta última banda ofrecerá o venres ás 12.00 horas no Auditorio do Concello de Nigrán unha clase maxistral dirixida a todo tipo de instrumentistas (os interesados deben presentarse unha hora antes e abonar 10 euros).

A programación do Nigranjazz inclúe tamén a oportunidade única de desfrutar do dúo formado para a ocasión polo pianista Abe Rábade e o guitarrista Virxilio da Silva, os dous músicos galegos máis relevantes no panorama nacional, que homenaxearán xuntos a histórica colaboración entre o pianista Bill Evans e o guitarrist Jim Hall.

Finalmente, a actuación do contrabaixista portugués Gonçalo Leonardo e a música para bailar ao estilo swing de The Alley Stompers completan o cartel xunto ás xa tradicionais master-class e as jams sessións posteriores aos concertos.

O Nigranjazz conta co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs e Rodosa.

Horarios NigranJazz 2017

Viernes 28 de Julio
Auditorio do Concello:
12:30: Masterclass con Kannan & Rossy Quartet
Auditorio da Foz do Miñor:
21:00: Gonçalo Leonardo Quartet
22:30: Kannan & Rossy Quartet
24:00: Jam Sesion
Sábado 29 de Julio
Paseo da Foz do Miñor:
19:30: Swing Session con The Alley Stompers
Auditorio da Foz do Miñor:
21:00: Abe Rábade & Virxilio da Silva: “Bill Evans & Jim Hall”
22:30: Kevin Hays New Day Trío
24:00: Jam Sesion

O Nigranjazz, festival máis señeiro do Concello de Nigrán cumpre 11 anos sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa.

Deja un comentario